Galego Castelán
Novidades
26/11/2014
Nicaragua: unha experiencia que deixa pegada Ir..
05/10/2013
SAN FROILAN ASOCIATIVO Ir..
10/04/2013
Axunica estrea nova Web
As Nosas Descargas
Agua Agria - Descargar
Historia de Nicaragua - Descargar
Nuevo Amanecer - Descargar
Coñece Axunica - Descargar
Videopoema - Descargar
Descobre Nicaragua - Descargar
Fai a túa doazón
Número de Conta de NCG
2091- 0162-10-3000043533
Visita O Noso Blog
»Sensibilización
Dende Axunica pénsase que a sensibilización e a educación para o desenvolvemento son moi importantes, xa que ao mesmo tempo que se traballa en Nicaragua, considérase tamén importante traballar coa sociedade lucense para dar a coñecer as desigualdades que sofre o país centroamericano.
Para iso, o grupo de voluntarios da ONG organiza diversas actividades, como por exemplo, charlas en colexios e institutos, actividades de rúa, etc. Este grupo de voluntarios tamén se encarga de realizar recadación de fondos para o financiamento de proxectos. Para organizar este traballo, unha vez ao mes, reúnese e faise a planificación de actividades así como un pequeno seguimento dos proxectos.
Imagen Sensibilizacion
Axunica participa activamente en plataformas de ONG´s lucenses, como o Consello de Asociacións de Lugo. Por exemplo, no ano 2011 tivo lugar a I Feira de Asociacións Lucense, e Axunica participou cun stand, onde ofrecía información sobre os proxectos desenvoltos.
Ademáis, Axunica promove as viaxes de voluntarios e voluntarias para que participen de forma directa dos proxectos no país de Sandino.