Galego Castelán
Novidades
26/11/2014
Nicaragua: unha experiencia que deixa pegada Ir..
05/10/2013
SAN FROILAN ASOCIATIVO Ir..
10/04/2013
Axunica estrea nova Web
As Nosas Descargas
Agua Agria - Descargar
Historia de Nicaragua - Descargar
Nuevo Amanecer - Descargar
Coñece Axunica - Descargar
Videopoema - Descargar
Descobre Nicaragua - Descargar
Fai a túa doazón
Número de Conta de NCG
2091- 0162-10-3000043533
Visita O Noso Blog
»Proxectos
Infancia

En Nicaragua o requisito mínimo para poder ser mestre de preescolar é ter pasado o sexto grao de primaria e logo superar un curso de especialización de once meses,podendo esta educación ser impartida en dúas modalidades: Unha formal en áreas urbanas, con aulas de educación infantil semellantes ás nosas ; e outra non formal ou comunitaria, na que se procura a implicación da comunidade nestas tarefas educativas e que a miúdo funciona dun xeito precario, para as áreas suburbanas ou rurais.

Cunha intención de tentar cubrir estas lagoas educativas nas áreas desfavorecidas, Axunica colaborou na posta en marcha de varios preescolares. Formáronse nas zonas rurais grupos en Nuevo Amanecer, Malacatoya (Santa Ana e Tepalón II) , e outro máis na casa comunal Calli Tanday do barrio de San Alejandro, na cidade de Granada.

O equipo de traballo nicaraguano financia o curso de especialización a aquelas persoas da comunidade interesadas en seren mestres ou , no seu defecto, procura unha persoa coa formación requirida para cada un dos preescolares. No caso de que as pequenas achegas que fan os pais dos cativos non cubran o seu salario, tamén se axuda no pago ao docente.

Por último hai que salientar que cando os voluntarios viaxan ata terras de Nicaragua, polo xeral colaboran dando reforzos escolares a nenos de preescolar e primaria nas distintas zonas de traballo de Axunica. A finalidade destes reforzos, agás casos puntuais de voluntarios que tiveron longas estadías, é máis un xeito de entreter os meniños e interaccionar coas comunidades que de acadar obxectivos pedagóxicos.